Siguenos en...

REATUR - Turismo e Equitación


Empresa adicada ó turismo, ubicada en Allariz.

Camping, bungalós, clube hípico, cursos equitación, excursións...

REATUR - Turismo e Equitación


Camping "Os Invernadoiros"
Situación: a 1,8 km. de Allariz (N 42º 18’ 463’’ W 07º 81' 816’’) pola estrada que vai de Allariz a Celanova. Dispón de 46 parcelas, ten servizo de cafetería, parque infantil, baños, duchas, lavadeiros, fregadeiros, lavadora e praia fluvial.

Hípica Allariz
Picadeiro
Cursos de Equitación
Rutas a cabalo
Pupilaxe


Excursións e visitas organizadas a Allariz
Visitas culturáis:Esta actividade é unha das máis demandadas por colectivos, xa que damos unha ampla explicación de historia e arte da vila. Ademáis dentro destas visitas danse a coñecer os museos do Parque Etnográfico ( Museo do Coiro e Muiño do Burato ) , o Museo Galego do Xoguete, Museo da Moda,Museo de Vicente Risco e o Museo Iconográfico da Fundación Aser Seara. 
Tamén se fai referencia ó Proxecto de Ordenación e Recuperación Integral do Conxunto Histórico de Allariz.

Visitas ó Festival de Xardíns:
O Festival Internacional de Xardíns é un espazo ubicado á beira do río Arnoia, cunha superficie de 12.500 m2.
A visita convértese nun agradable percorrido no que veremos xardíns moi orixinais, escoitaremos o son da auga no seu percorrido cara o río e descubriremos agradables recunchos cheos de paz.

Visita a Sta,Mariña de Augas Santas:
Esta visita mestura lenda e patrimonio histórico-artístico.
No núcleo de poboación poderán apreciar aigrexa de Santa Mariña (unha das xoias do románico da provincia) e coñecer a lenda da Santa.
No Castro de Armea (a poucos metros da basílica)  podense visitar as excavacións arqueolóxicas nas que se descubriu unha cidade romana.

Ampliar Foto...  
Ampliar Foto...  Ampliar Foto...


Donde puedes encontrarnos

Correo: reatur@allariz.com
Teléfono: 988 442 006
Web: www.allariz.com/reatur
Dirección: Camino Real, sn 36660 Allariz (Orense)


Comentarios

Solo los usuarios registrados pueden dejar comentarios.