O D´PEQUE
O D´PEQUE É UN BAR EMBLEMÁTICO DA ZONA DOS VIÑOS DE MELIDE.
CARACTERIZÁMONOS POLO AMBIENTE ACOLLEDOR E AFABLE NO QUE RECIBIMOS ÓS NOSOS CLIENTES.
IDONEO PARA QUEN BUSQUE UN LUGAR DE LECER DISTINTO NO QUE RELAXARSE E SENTIRSE COMA NO SEU FOGAR.

O día 29 de Novembro de 2012, arranca en Melide un proxecto de hostelería nun local da zona vella da vila...
Trátase dun negocio que mantén a esencia de bar tradicional mezclado co ambiente de xuventude que dinamiza o local.
En O D´PEQUE caracterizámonos pola nosa ampla oferta de viños acompañada sempre do seu pincho correspondente.
Tratamos de facer sentir ós nosos clientes nun ambiente acolledor e agradable, acompañados de música, tanto alternativa como tradicional, dependendo do que a situación requira e o público esixa.
O encanto máxico que trasmite O D´PEQUE refléxase na adaptación do seu ambiente.
Según o momento do día, o local pode trasmitir un entorno de bar tradicional no que acompañar un viño ou cervexa acompañado dun bo pincho.
Sen embargo, a horas máis elevadas, O D´PEQUE adáptase ó entorno festivo de marcha que sempre houbo en Melide, ofrecendo unha ampla variedade en copas e boa música.
