Siguenos en...

A TENDA DA GATA


Tenda de Consumo Responsable. Producto local. Economía sustentable. Catering de produtos locais. Turismo Responsable.Km0

A TENDA DA GATA

QUEN SOMOS

A Tenda da Gata é un establecemento situado no centro do nucleo urbano de Pontevedra, onde centralizamos e ofrecemos os produtos, tanto turísticos e gastronómicos como culturais da nosa comunidade, Galiza, co fin de impulsar e apoiar o consumo local. Aqui podes atopar produtos que veñen directamente de produtores locais, produtores que respectan o medio natural seguindo os principios da permacultura e o ecoloxismo.

Non é unha tenda gourmet nin delicatesen. Tampouco é unha axencia de viaxes.

Coñecemos Galiza, respectamos o medio natural e apostamos por unha vida en sintonía coa natureza. Os produtos de temporada son os que priman, o respecto á natureza, o artesán, o agricultor, o próximo… Fóra plásticos, alimentos quilométricos, miles de envases e de aparellos. Na Tenda da Gata podedes atopar e descubrir todo o que se está facendo dun xeito responsable e sustentable.

Se queremos medrar temos que alimentarnos, se queremos que Galiza creza debemos alimentala e respectala. KM0 e Movemento Slow.

  a-tenda-da-gata-cestas-produtos-locais   a-tenda-da-gata-consume-local   
a-tenda-da-gata-03   a-tenda-da-gata-quen-somos

CONSUME LOCAL. Produtos e alimentos de proximidade

Na tenda da Gata oferecemos produtos de proximidade e locais, os alimentos de Tempada son os que priman na tenda para que poidas telos ao teu alcance, frutas e verduras ecolóxicas, lácteos (leite, iogures e queixos), embutidos, pizzas artesanas, aperitivos, conservas, meles artesans, mermeladas naturais, espumosos, viños de todalas DO galegas, cervezas artesans, pan, chocolates, algas,legumbres secas… contamos con productos locaies de elaboración artesanal Galegos.
 
Os alimentos que oferecemos, escollémolos respetando a filosofía da Gata, a nosa creencia e o respeto ao medioambente e a natureza, alimentos de tempada, ecolóxicos de producción galega, permacultura, respetando o ecosistema e a Natureza. Amantes do movemento Slow , Km0.
 
Elexímolos com moito mimo tras acudir a feiras, eventos, catas, presentacions, experiencias de vida, e unha selección feita en primeira persoa, coñecendo dierctamente a os produtores, e o entorno, sempre dentro da nosa Comunidade Autónoma, alimentos procedentes do entorno máis cercano posible. Directamente do produtor a tenda, evitando produtos de larga distancia, canto máis cercanos, máis contribuimos co respeto do hábitat e a natureza.

DESCOBRE GALIZA

En A Gata, asesoramos, xestionamos, reservamos opcións de Turismo Responsable en Galicia. Tanto se es galego como se vés de fóra. Ofrecemos un turismo responsable, saudable e sustentable. O teu dinos que é o que che apetece facer: Parques Naturais Galegos, Turismo fluvial, Barcos a as illas, privados, regulares, Escapadas especiais, Turismo de aventura, Turismo Etnolóxico, Visitas guiadas a Adegas, Turismo alternativo  ou gastronómico, O Camiño de santiago…

ASOCIACIÓN DE CONSUMO RESPONSABLE

Asociación de consumo responsable e economía sostible. Contamos cunha horta de Verán e un local en Pontevedra, onde reunirnos e facer actividades.

Misión

- Espiral de crecemento human en sintonía e respeto pola natureza e o medio ambiente.
- Consumir responsablemente.
- Consumir local antes que global.
- Potenciar o noso.
- A JATA PELEXA. Asociación de consumo responsable
- A Tenda da Gata. Tenda de consumo responsable e economía sostible. Onde ofrecemos produtos e servicios en sintonía coa filosofía da Jata Pelexa.

Por consumo responsable entendemos a elección dos produtos e servizos non atendendo sólo a sua calidade e precio, senon tamén o impacto ambiental e social, tendo moi enconta a conduta das empresas que os elaboran.

Todos os xoves na Tenda Da Gata adicaremos a xornada a un produto local, para iso contaremos coa presenza do artesán ou produtor, explicando o proceso de elaboración. ¡¡¡ Tamén poderedes probalo !!!

  Invitámosvos a visitar a nosa web e redes sociais aquí...

A Tenda da Gata    Facebook    Twitter           
 


Donde puedes encontrarnos

Correo: info@atendadagata.com
Teléfono: 986 101 225 / 661 473 557
Web: atendadagata.com
Dirección: Praza da Verdura, 6-Baixo 36002 Pontevedra (Pontevedra)


Comentarios

Solo los usuarios registrados pueden dejar comentarios.