Siguenos en...

Sargadelos Galería


Materia prima galega patrimonio e cultura.

Fusión de arte, industria e deseño.

Sargadelos é unha das firmas de deseño e creación de porcelana senlleiras de Europa, con máis de dous séculos de historia.

A Galería de Sargadelos de Vigo leva máis de 20 anos.

Sargadelos Galería

Xunto á súa actividade industrial e comercial, Sargadelos leva adiante un importante labor de difusión e promoción da cultura galega.
Sargadelos funciona á vez como factoría industrial, estudio creativo e valedor cultural.

As cerámicas de Sargadelos preséntanse nun amplísimo catálogo de formas, motivos, relevos e cores exclusivas, desde completas vaixelas, ata figuras ornamentais e xoias de deseño orixinal.

Sargadelos mantén unha permanente actividade creativa e innovadora dende a sua fundación, na que intenta incorporar sempre os mellores creadores contemporáneos e as últimas tendencias do deseño industrial.

"Transformando a materia prima galega en patrimonio e cultura, mediante a fusión de arte, industria e deseño, poñendo en valor a cultura galega dende o compromiso."

A Galería Sargadelos de Vigo leva máis de 20 anos traballando o servizo do proxecto ideado por Isaac Díaz Pardo.


Na actualidade podes topar a Amador Lorenzo, Jorge Lorenzo, Susana Codesido, Lara Barrio y Pilar Domínguez nas instalacións da céntrica
Rúa de Urzaiz, número 17, na sede virtual ou no teléfono 986 220 050.

A Galería Sargadelos de Vigo medrou en capacidade de convocatoria de tal xeito que houbo de trasladarse e ampliarse dende o seu orixinal emprazamento do ano 1990 no entorno da Rúa de Príncipe, ata o seu vixente enderezo, a partires do ano 2002.

Na sede de
Sargadelos en Vigo combínase deseño, cerámica, libros, exposicións, conferencias e moitas cousas máis, convertendo a Galería Sargadelos nun verdadeiro espazo de compromiso coa cultura galega.

 Decorado Sargadelos  Diseño de Sargadelo  Ensamblado de Figura de Sargadelos

"Sargadelos, un deseño e produto único feito a man en Galicia."

A elaboración das obras de porcelana de Sargadelos segue un minucioso proceso no que se coida a calidade ata o máis pequeno detalle

A nosa cerámica utiliza o caolín procedente das vellas minas da propia Comarca de Sargadelos, na Mariña Luguesa. Un material de calidade contrastada que tratamos á maior temperatura posible, o que deriva nunha excepcional porcelana vitrificada en atmosfera redutora, por riba dos 1400º C.


Sobre o casco xa decorado aplícase o
verníz ou cuberta, que proporciona un aspecto brillante e unha sensación suave ao tacto, ao tempo que un resistente escudo protector ante a abrasión ou o uso da lavalouzas.


As formas dos decorados realízanse preferentemente aerografiando a cor sobre estarcidos, mediante
impresións calcográficas e decorando a man. As pezas ornamentais, que non van estar en contacto con alimentos, as veces se someten a unha segunda cocción a temperaturas o redor dos 800 ºC nas que se empregan cores sobre cuberta, tal é o caso doroxo vermellón.

O resultado é unha cerámica cunhas características distintivas, con personalidade propia e un contido cultural e social de grande valor.

 cerámica  pieza 2  pieza3  pieza4  pieza5

VISITADE A NOSA WEB AQUÍ

 Vajilla Sargadelos

TAMÉN PODEDES SEGUIRNOS NAS SEGUINTES REDES SOCIAIS.

Conéctate a Facebook Conéctate a Twitter  Conéctate a FourSquare  Conéctate a Tumblr  Conéctate a Pinterest

 

 


Donde puedes encontrarnos

Dirección: urzaiz, 17 36291 Vigo (Pontevedra)


Comentarios

Solo los usuarios registrados pueden dejar comentarios.