Siguenos en...

ÓPTICA MARTÍNEZ PARDO


Establecimiento especializado en relojería y óptica. Amplia variedad de productos.

Somos especialistas en lupas de alta calidad Eschenbach

¡Tu tienda de toda la vida !

ÓPTICA MARTÍNEZ PARDO
MARTÍNEZ PARDO: DESDE 1898
Corría o ano 1898 cando José Martínez Pardo decide abrir un establecemento comercial en Ferrol. Polos seus antecedentes familiares, un dos artigos que pon á venda foron as máquinas de coser, ademáis vendía reloxos de parede, de pé e de peto. E, por suposto, tamén vendía “lentes”, para ver mellor.

No ano 1920, un fillo seu incorpórase ao negocio e comparten xestión máis de 20 anos: era Santiago Martínez e Pardo de Andrade. O traballo compartido faise máis fluído e permítelles acceder a novos coñecementos, instrumentos e técnicas de graduación da vista, así como a maquinaria de tallado e montaxe.


En 1953 prodúcese outro fito tecnolóxico, ao presentar os primeiros audiófonos que se coñeceron en Ferrol.
Nos anos 50, despois de falecer xa José, o fundador, Santiago accede á escola de óptica Daza de Valdés en Madrid e obtén en 1955 o seu “diploma de óptico de anteojería”.

No ano 1968 incorpórase a terceira xeración, se ben esta vez xa co título de óptica baixo o brazo. Era o seu fillo Juan José Martínez Sisto.
Manteñen ambos os dous unha xestión en plena colaboración ata o ano 1991 (en que falece Santiago). Juan José empeza a planificar unha remodelación da súa óptica, unha reforma integral, tanto de estrutura coma de tecnoloxía, mobiliario e decoración. Non era unha aposta arriscada, por canto dous dos seus fillos xa lle manifestaran a súa ilusión por incorporarse ao negocio familiar. 

En efecto, en 2002 incorpórase a súa filla, Beatriz Martínez Bermúdez, ostentando o diploma de óptico optometrista. E p
or último, outro fillo, Rafael, fai o propio en 2006, achegando a nova titulación de técnico superior en audioprótese. Ambos os dous comportan a cuarta xeración consecutiva en liña directa, achegando xuventude e novos coñecementos, no que se espera sexa un chanzo mais nesta longa traxectoria comercial da saga dos “Martínez Pardo”, nome sempre respetado como símbolo de traxectoria, seriedade e compromiso coa sociedade, á que viñeron servindo xeración tras xeración.

                                                   - Texto de traxectoria extraído de REDIC - Xunta de Galicia -

A.png - 286.08 kb  B.png - 316.85 kb


VISITA A NOSA WEB E FACEBOOK AQUÍ:   CLICK.jpg - 4.17 kb    FACEBOOK.png - 12.92 kb                                                       
 
                     


Donde puedes encontrarnos

Correo: opticamartinezpardo@yahoo.es
Teléfono: 981 351 609
Web: www.martinezpardo.es
Dirección: C/Real, 111 15402 Ferrol (Coruña)


Comentarios

Solo los usuarios registrados pueden dejar comentarios.