Siguenos en...

Academia Espiral


A Academia Espiral está especializada no reforzo educativo para rapazas/es da ESO, Bacharelato e universidade, así como acceso a ciclos. Horarios flexibles, atención personalizada e grupos reducidos.

Academia Espiral

PRESENTACIÓN
Na Academia Espiral temos o compromiso dun ensino de calidade e en galego. 
O noso modelo educativo baséase en grupos reducidos (máximo de 6 persoas por aula), atención personalizada e seguimento das alumnas/os. 

Así mesmo, consideramos que unha comunicación fluída coas nais/pais é fundamental, de xeito que estean ao tanto dos progresos dos seus fillos e fillas.
Por outro lado, dispoñemos dun horario de mañá para aquelas persoas que desexen preparar acceso a ciclos, á universidade ou o graduado por libre, sempre en grupos reducidos para garantir un ensino de calidade.

QUEN SOMOS
O Centro de Estudos Espiral é unha academia que imparte clases de apoio e reforzo de calidade en todas as materias de primaria, ESO, bacharelato.

Tamén preparamos probas de acceso a Ciclos Formativos e á Universidade, así como exames de certificados de  idiomas. Traballamos para que o alunado consiga unha comprensión integral da materia e sexa capaz de ser autónomo na súa aprendizaxe.

Apostamos por un ensino onde os grupos reducidos e o seguimento individualizado sexan as ferramentas que permitan conseguir aos nosos alumnos e alumnas os mellores resultados.

Para isto contamos con unha ampla formación académica en Enxeñaría, Filoloxia e Ciencias Sociais, experiencia noutras academias e no ensino privado.

     
    

SERVIZOS

Ofertamos aulas de educación primaria, ESO e Bacharelato, e preparamos probas de acceso a ciclos e á universidade.
Mais tamén ofertamos servizos complementarios encamiñados ao desenvolvimento de técnicas de estudo, do interese pola aprendizaxe, reforzos de conduta e orientación de aptitudes.

AULAS DE APOIO
A actividade principal da academia consiste en aulas de apoio para:
-Primaria
-ESO
-Bacharelato
-Ciclos
-Universidade

Traballamos con grupos reducidos, cunha metodoloxía docente actualizada e rigurosa, e en coordinación coas nais e pais dos estudantes menores de idade para integrar a formación complementaria que a Espiral proporciona no conxunto do proceso educativo das crianzas.

CIENCIA E LITERATURA DIVERTIDA

Actividade extra-escolar para crianzas de 7 a 11 anos.
Experimentos científicos, lectura dramatizada, reciclaxe, actividades coeducativas, saidas a exposicións, clube de lectura, obradoiros de escritura...
Actividades pensadas para introducir ás nenas e nenos na ciencia e na cultura, desde una aproximación lúdica, e transmitirlles a vontade de aprender e coñecer, adquirir un pensamento crítico e formado sobre o mundo que as rodea.



Invitámosvos a visitar a nosa web e redes sociais:

  
Facebook  twitter
 


Donde puedes encontrarnos

Correo: info@academia-espiral.com
Teléfono: 881257283
Web: www.academia-espiral.com
Dirección: Rúa Dublín, 4 15707 Santiago de Compostela (Coruña)


Comentarios

Solo los usuarios registrados pueden dejar comentarios.